Mapa Global

Hórreo de Barxamaior

Hórreo de Barxamaior

Exemplar de hórreo tradicional de Ancares Terras de Burón sito no medio da aldea.

Descrición

No medio da aldea atopamos este bo exemplar de hórreo tradicional de Ancares Terras de Burón, de base cadrada e construído intregramente con madeira de castiñeiro, seguindo a tipoloxía asturiana. Servían para almacenar alimentos a salvo de humidade e animais. Mantén o teito a base de grosos atados de palla de centeo ou "colmo", seguindo o sistema empregado nas pallozas, as vivendas tradicionais da comarca e de orixe prerromana.

Localización

Atópase a pouco máis de 3 km de Pedrafita. Saíndo en dirección oeste, por cálea Roteiro Xacobeo, continuamos un 3 km ata un desvío á dereita que nos indica a aldea.