Mapa Global

Ponte en piscifactoría de Os Mazos

Ponte en piscifactoría de Os Mazos

Pasarela rodeada de vexetación autóctona moi interesante.

Descrición

Trátase dunha pequena ponte, case unha pasarela, que salva o curso do río Neira, á entrada dunha piscifactoría. Está totalmente cuberto dunha grosa capa de musgo e forma un conxunto moi interesante coa contorna. Destaca o bosque mixto con carballos, castiñeiros e algunha faia, así como a pequena cascada sobre o río. Aínda que merece a pena visitalo en calquera época, é espectacular no outono.

Localización

Atópase moi próximo ó lugar de Os Mazos a menos de 2 km da saida da autovía. Na marxe esquerda da LU P-0508 está o acceso á piscifactoría e a este paraxe.