Mapa Global

Área recreativa Manuel Jesús González Capón

Área recreativa Manuel Jesús González Capón

Descrición

Trátase dunha área recreativa fluvial moi grande e con varias instalacións deportivas, atópase moi preto das piscinas municipais e incluso ten á súa beira unha zona para autocaravanas. Está situada na marxe do río Neira e conta cun espazo con mesas e barbacoas, paseos e areas de campo, é un lugar moi axeitado para pasear, gozar do río, facer unha merenda, etc.

Localización

Á saída de Baralla, ó pé da N-VI, no lado dereito, en dirección A Coruña.