Mapa Global

Alzada de Pandozarco

Alzada de Pandozarco

Descrición

Unha "alzada" ou "braña" é unha zona de pasto de montaña onde sube o gando, xeralmente vacas. Adoita ter algún tipo de construción para recoller gando e pastores, protexéndoos da intemperie, dos lobos, etc. Estas alzada de Pandozarco conta cun bo número de edificacións, a maioría de boa dimensión e en perfecto estado de conservación, ademais dunha fonte. Son de cachotería e planta cuadrangular, agás unha de forma circular, como unha palloza. Hai algunhas ruínas, que invitan á exploración, sempre co coidado debido.

Localización

A 30 km da capitalidade da vila de a pobra de Navia de Suarna, saese en dirección norte pola LU-722, a preto de 4 km tomase á dereita a LU P-3502 ata as inmediacións do pobo de Rao, onde se xira á dereita pola LU P-3508 ata o pobo de Murias, encima do pobo de Murias, tómase un desvio á dereita que leva ata Pandozarco.