Mapa Global
Capela de Gamalleira
Descrición
Esta pequena capela, na parte alta da aldea, mantén a forma habitual das desta zona. Construción sinxela en xisto, tellado de lousa a catro augas e un pórtico con bancos de obra a ambos os dous lados da entrada. A porta, de bo castiñeiro, está flanqueda por dúas amplas xanelas protexidas con grosos barrotes da mesma madeira, de forma que deixan ver o interior. No tellado hai un pequeno soporte cunha minúscula campá. Diante, unha frondosa sobreira dálle sombra e un pouco mais abaixo hai unha fonte e lavadoiro, con cuberta de lousa, que compoñen un conxunto moi agradable.
Localización
A 11 km da vila de Negueira de Muñiz; saindo en dirección AFonsagrada, na rotonda tómase a LU P 3602 durante algo mais dun kilómetro, tómase un desvío á dereita e a 6,5 km atópase AGamalleira.