Mapa Global

Área recreativa de Chao de Serra

Área recreativa de Chao de Serra

Descrición

A pouco máis de 1 km de O Cebreiro atópase esta área recreativa, sinxela pero ben equipada con mesas, bancos de pedra e grellas, á sombra dunha arboleda de piñeiro vermello (Pinus sylvetris) con exemplares de bo tamaño. É un sitio ideal para facer unha comida ao aire libre, con capacidade para grupos grandes.

Localización

Dende o núcleo de O Cebreiro á altura da escultura da Peregrina, seguimos adiante deixando o pobo á dereita e o val á nosa esquerda. A1,3 km, antes dun cruzamento de estradas, á nosa dereita, atopamos a área recreativa.