Mapa Global

Área recreativa Virxe da Veiga

Área recreativa Virxe da Veiga

Descrición

Neste espazo destacamos a área recreativa no seu conxunto, ampla, con boa zona de sombra e equipada con mesas e bancos de madeira. Como elemento singular, atopamos unha pequena capela dedicada á Virxe dá Veiga, en cuxa honra se celebra unha romaría o 15 de agosto. A igrexa orixinal está moi preto, aínda que cuberta polas augas do encoro de Salime.

Localización

Dende o centro da vila de Negueria de Muñiz tomamos á dereita a estrada de Seira e a uns 900 metros hai un desvío á dereita, polo que percorremos pouco máis dun km ata chegar á área ó pé do encoro.