Mapa Global

Capela de Vilaseca

Capela de Vilaseca

Descrición

Capela de planta rectangular construída en lousa e coroada por una espadana cun só oco. Conta cun pórtico con cuberta a tres augas na parte frontal a través do cal se accede ao interior, onde alberga un retablo de estilo neoclásico coa representación de Santo Antonio Abade, a Virxe co Neno, Cristo crucificado e Santiago Apóstolo.

Localización

Dende o centro da vila de Negueira, tómase dirección sur para coller á esquerda a estrada de Pieiga, a escasos 2,5 km por esta estrada paralela ó encoro atopamos Pieiga, continuamos y a algo menos de 2 km está Vilaseca.