Mapa Global
Aldea de Santalla
Descrición
Como en moitos lugares de Ancares Terras de Burón, Santalla é unha pequena aldea que ben merece unha visita e un paseo polos seus camiños. Como principais elementos para micropaisajes destacan o lavadoiro, resgardado por unha construción a base de xisto e madeira, con cuberta de lousa, que se abre a un pequeno espazo delimitado por unha parra, unha figueira e, un pouco máis abaixo, á esquerda, a capela. Esta ten a porta e xanelas, de madeira, ben traballadas. No pórtico destaca unha gran choca colgada da parede. Na parte alta da aldea, destacan varias casas con corredor de madeira, hórreos, vellas portas de castiñeiro, etc..
Localización
Dende Negueira de Muñiz cóllese a LU P-3602, que despois pasa a LU-702, para cruzar o Navia pola ponte de Boabdil e, un pouco máis adiante, o Ibias. Seguimos esta estrada, deixando sempre á nosa esquerda o río Navia ata chegar a Santalla.