Mapa Global

Cortín de Pandozarco

Cortín de Pandozarco

Estrutura que se usa para protexer as colmeas doutros animais.

Descrición

Un cortín é unha construción formada por un alto muro de pedras ao que só se accede por unha porta. Aberto ao ceo, no seu interior gárdanse as colmeas para protexelas de osos lambereteiros e doutros ataques. Tamén chamadas "albarizas", en Ancares Terras de Burón teñen forma circular ou ovalada e a presenza dun cortín, coas súas correspondentes colmeas, indica a boa calidade do seu hábitat, xa que as abellas son moi sensibles aos cambios ambientais. Este de Pandozarco é un magnifico expoñente desta arquitectura de convivencia coa fauna da contorna, atopase en perfecto estado de uso.

Localización

A 2,5 km de Murias de Rao, situase á dereita dá estrada que sobe para Pandozarco.