Mapa Global

Hórreo de A Cortevella

Hórreo de A Cortevella

Descrición

Instalado cando se construíu a área recreativa, este hórreo simboliza a abundancia destas construcións en Ancares Terras de Burón e a súa importancia na economía agraria, xa que eran o almacén de alimentos e sementes, protexéndoas da humidade e dos animais. Ten base cadrada e está construído integramente en madeira de castiñeiro, seguindo a tipoloxía asturiana. Como a maioría, a cuberta é de lousa.

Localización

Atópase na Área Recreativa da Cortevella, a uns 20 km de O Cádavo. A ela chegase seguindo a LU-750, en dirección a Meira, para tomar un desvío á dereita na Muiña. Dende alí seguimos pola LU P-5401 ata pasar o lugar de Martín. Á dereita seguimos pola CP-5403 ata chegar á zona.