Fonte en Xerbolés

Fonte en Xerbolés

Fonte situada en área de descanso un pouco afastada da estrada.

Descrición

Nas inmediacións da capela de Xerbolés, atopamos unha área recreativa moi sinxela e semioculta ao estar a menor cota que a estrada. É un recuncho moi agradable formado por unha pequena fonte á que se chega por unha curta rampla entre castiñeiros de gran tamaño, un dos cales parece que forma un arco co noiro.

Localización

Estrada 760 direccion Lugo, a 1,5 km xirar á esquerda por a pista asfaltada, a área atópase a 350 m.