Mapa Global

O Xardín do Labirinto

O Xardín do Labirinto

Única representación en España da rede internacional Quiet Garden. É obra da escritora canadense Laurie Dennett e está aberto ao público coa única condición de

Descrición

A pesar de tratarse dunha propiedade privada, é posible acceder a este singular e cuidadísimo xardín no que sobresae un delicado seto de buxo que recrea o Labirinto da catedral de Chartres (Francia). Obra da escritora canadense Laurie Dennett, residente nesa propiedade, é a única representación en España da rede internacional The Quiet Garden. Accédese a través dun paseo de bidueiros, que se combinan con hortensias, lavanda, etc. e rematan nun banco que nos convida a descansar, reflexionar ou, simplemente, gozar dun momento de paz.

Localización

A dez minutos de Pedrafita do Cebreriro, chégase seguindo a LU-633. Pasados 5,9 km, desviámonos á dereita e atopamos o xardín en A Lagúa, a pouco máis de quilómetro e medio.