Mapa Global

Capela das Neves

Capela das Neves

Capela datada do s. XVII que debe o seu nome á intervención da Virxe nunha nevarada en agosto.

Descrición

Crese que data do S. XVII, e a lenda atribúe a súa construción á intervención da Virxe tras unha copiosa nevarada un día 5 de agosto. Nas proximidades hai unha área recreativa, con mesas, bancos, grella e unha ampla zona verde.

Localización

Estrada 760 direccion Lugo, a 4 km xirar á esquerda por LU P-1203, a 3,5 km xirar á esquerda por a pista asfaltada, a capela atópase a 1 km.