Mapa Global

Igrexa de Negueira

Igrexa de Negueira

Descrición

O templo de San Salvador, construído a finais do Século XV ou principio do Século XVI, é unha bela edificación de planta en forma de cruz latina, con dúas capelas aos lados e un presbiterio con bóveda de aresta. A súa porta adintelada, frontis con espadana e pórtico de arcos con piares, dan acceso a un precioso interior, onde, desde os bancos de madeira permítennos contemplar con calma a capela maior con San Salvador no retablo barroco do S.XVIII e as dúas capelas laterais. Un interior que conserva unha cruz de prata do Século XIX, un Sagrario co Agnus do Século XVIII e esa paz que desde Negueira chega á alma.

Localización

Dende a vila de Negueira de Muñiz, tomando á esquerda pola estrada de Pieiga e de novo á esquerda, atópase a 500 metros do centro da vila.