Mapa Global

Ponte Romana de Carracedo

Ponte Romana de Carracedo

Descrición

Construído no Século XVI sobre a base dun anterior, posiblemente romano xa que por aquí pasaba unha calzada. Trátase dunha peza de gran porte, con sesenta e dous metros de lonxitude e unha calzada de tres e medio, ten forma de "grupa de camelo" pola súa significativa elevación central. Construído en granito, destaca o impoñente piar central, cunha significativa estrutura de corte de auga, que nos dá idea da forza do río Neira neste punto.

Localización

Atópase no lugar de Carracedo, a beira da estrada principal que atravesa o núcleo, dende a que resulta perfectamente visible.