Mapa Global

Capela de Pieiga

Capela de Pieiga

Capela cunha portada delicadamente traballada sita nunha zona vitivinícola.

Descrición

Trátase dunha pequena capela na que destacan elementos singulares, como un particular campanario cadrado no alto do tellado de lousa a catro augas, dúas xanelas no lateral ou estar parcialmente encalada. Capítulo á parte merece a entrada, cunha porta e as habituais xanelas para ver o altar, en madeira delicadamente traballadas. Moi preto atopamos un hórreo en bastante bo estado, dominando o val. Esta é unha pequena zona vitivinícola, a única de Ancares Terras de Burón e con dominio da variedade "branca lexítima", o que lle engade un atractivo visual especial.

Localización

Dende o centro da vila de Negueira, tómase dirección sur para coller á esquerda a estrada de Pieiga, a escasos 2,5 km por esta estrada paralela ó encoro atopamos Pieiga.