Mapa Global

Igrexa de Santo Estevo de Liñares

Igrexa de Santo Estevo de Liñares

Fundada no s. VII, no interior garda un retablo de estilo barroco. Estaba ligada ao desparecido mosteiro do Cebreiro.

Descrición

Foi fundada no S. VIII e restaurada en 1963. De planta rectangular, con muros de cantería, tellado de laxas a dúas augas e un compacto campanario cuxa base alberga unha especie de cámara de entrada. No interior podemos observar un retablo de estilo barroco. Antigamente esta igrexa estaba ligada ao desaparecido Mosteiro do Cebreiro, ao que fornecía liño.

Localización

Dende Pedrafita, tómase a LU-633 en dirección Triacastela. A sete km collese á esquerda e avánzase ata chegar á igrexa.