Mapa Global

Praia fluvial de Naraxa - Pena do Inferno

Praia fluvial de Naraxa - Pena do Inferno

Descrición

Conta cun areal que forma unha ampla zona de baño, no lado esquerdo do río de Lamas, que máis adiante se une ao Navia, e un bo número de mesas e bancos de pedra. Unha pasarela colgante permite ir dunha beira á outra e gozar das vistas sobre a auga, así como dos servizos do bar instalado no lado dereito. O bosque de galería e as formacións rochosas próximas, súmanse aos atractivos deste lugar.

Localización

Dende a Avda de Asturias na vila de A Fonsagrada colleremos a estrada LU-721 pola que seguiremos uns 11 km. ata chegar á praia fluvial na marxe dereita da estrada.