Mapa Global
Ferreiría do Vilar de Cuiña
Descrición
No fondo do val e á veira do Suarna, antes de que se una ao Navia, atopamos unha paraxe singular, ao que o abandono e o paso do tempo convérteno en algo case máxico. Trátase dos restos dunha antiga explotación de mineral, de bastante entidade, a xulgar polo seu tamaño. Construída cara a 1793, mantívose operativa durante un século no que funcionaron un forno e varios mazos para traballar o mineral. Pódense ver as ruínas de varias construcións, vivendas, almacéns, un muíño e mesmo unha pequena capela. Toda a contorna é moi agradable, con árbores de bo tamaño, carballos, bidueiros e algúnha faia na beira do río.
Localización
Dende a vila de A Fonsagrada, tomamos a LU-701 en dirección Asturias, e antes de Cabreira (Pk 9), collemos a CP-19-08, en dirección a Liñares de Bidul. No medio deste pobo colleremos a pista indicada á esquerda que nos leva ata a Ferrería do Vilar da Cuíña.