Mapa Global

Área recreativa de A Retorta

Área recreativa de A Retorta

Área recreativa ampla con refuxio de pescadores á beira do río Eo.

Descrición

Á beira do Eo atopamos un frondoso bosque de ribeira infestado de amieiros e salgueiros, aínda que son especialmente fascinantes algúns castiñeiros centenarios co tronco danado polo lume e recuberto de grosos musgos. A zona conta cun refuxio de pescadores, unha boa dotación de grellas, mesas e bancos, así como os restos dunha pasarela sobre o río, da que só se conservan os apoios laterais. Un lugar excelente para gozar da paz que xera o contacto coa natureza.

Localización

Saíndo de Chao de Pousadoiro en dirección norte pola LU P-5404, enlazamos ca LU P-4802, percorremos uns tres quilómetros e descendemos por unha pista de terra que atopamos á esquerda da estrada ata a área.