Mapa Global

Carreiro do muiño da Allonquiña

Carreiro do muiño da Allonquiña

Camiño de gran beleza natural que vai cara o muíño da Allonquiña.

Descrición

De camiño ao muiño da Allonquiña, pasamos por un souto de carballos seguindo un camiño de carro. En boa parte do percorrido, o lado dereito deste camiño delimítao unha impoñente parede de groso musgo que cobre totalmente un muro de pedra. Pola súa banda, o chan está cuberto por unha grosa capa de follas de carballo, formando todo iso un conxunto moi interesante ao que acompañan os sons do bosque.

Localización

Dende A Fonsagrada collemos a LU-701 dirección Asturias ata o Pobo de Barbeitos, (Pk 6,5) desviaremonos na rotonda pola primeira saída (LU-703), 200 m despois desviamonos á dereita pola LU P-1902 pola que seguiremos uns 9 km ata a Allonca, pasamos a Allonca e 2 km mais adiante estaremos na Allonquiña e o sendeiro á parte dereita.