Rede de Micropaisaxes

Área recreativa O Cochoso

Área recreativa O Cochoso

Descrición

Situada na beira do Navia, é unha zona bastante ampla en plena carballeira. Posúe unha pasarela de madeira sobre o río dende a que podemos gozar do paso da auga, xa que se divisa boa parte do cauce. Conta ademais cun refuxio de pescadores, en forma de palloza e que permanece aberto, en bastante bo estado. O nome provén dunha antiga pousada, cuxas ruínas vemos nas proximidades, que era coñecida como "casa do Cochoso".

Localización

A cinco km da Pobra, procedente de Becerreá e ao pé da LU-722.