Rede de Micropaisaxes

Ponte colgante no Eo

Ponte colgante no Eo

Ponte colgante metálica que cruza o río Eo. 

Descrición

Trátase dunha ponte colgante, metálica, apoiada en dúas estruturas de formigón, a modo de portas, que soportan os cables tensores. No bosque abundan os castiñeiros, os fentos e os musgos, todo un catálogo de posibles micropaisaxes. Ao lado esquerdo do río atopamos o carreiro que une Chao de Pousadoiro co Muíño de García, unha excelente proposta para achegarnos a estes lugares.

Localización

Saímos de Chao de Pousadoiro pola LU P-5404, en dirección sur. A un par de quilómetros, atopamos un desvío á dereita, unha pista de terra que enseguida nos conduce á ponte colgante. Tamén se pode chegar seguindo o carreiro que sae de Chao de Pousadoiro cara ao Muíño de García.