Rede de Micropaisaxes

Hórreos en Mende

Hórreos en Mende

Conxunto de hórreos na aldea de Mende.

Descrición

Mende é unha pequena aldea colgada na ladeira, ao lado dereito do río Eo. A pé de estrada podemos ver varios hórreos coa morfoloxía propia de Ancares Terras de Burón, construción en madeira, base cadrada e teito a catro augas. Moi preto, hai outro que se asemella á tipoloxía da Terra Cha, alongado, con estrutura a base de pedra, xistos, e laterais de madeira.

Localización

Chégase seguindo a LU P-4802, dende Chao de Pousadoiro. A uns 6,6 Km. atopamos un desvío á esquerda que nos indica a dirección a Mende.