Rede de Micropaisaxes
Corrizas de A Cortevella
Descrición
As "corrizas", "corripas" ou "ouriceiras" son pequenas construcións circulares, de pedra nas que se amoreaban os ourizos que caían dos castiñeiros, cando os tiraba o vento ou cando se sacudían os castiñeiros con longas varas. Servían de almacén todo o inverno, xa que conservaban moi ben as castañas dentro do ourizo, ata que este podrecía e despois era moi doado sacar as castañas. Aquí atopamos un bo número delas, nun fermoso paseo polo río Eo e no medio de castiñeiros milenarios.
Localización
Están situadas na área recreativa da Cortevella, a uns 20 km de O Cádavo. Chégase a ela seguindo a LU-750, en dirección a Meira, para tomar un desvío á dereita na Muiña. Dende alí seguimos pola LU P-5401 ata pasar o lugar de Martín. Á dereita seguimos pola CP-5403 ata chegar á zona.