Rede de Micropaisaxes

Praia fluvial de Naraxa - Pena do Inferno

Praia fluvial de Naraxa - Pena do Inferno

Gran praia fluvial con área de picnic, zona de baño e ponte colgante nunha bela contorna natural.

Descrición

Conta cun areal que forma unha ampla zona de baño, no lado esquerdo do río de Lamas, que máis adiante se une ao Navia, e un bo número de mesas e bancos de pedra. Unha pasarela colgante permite ir dunha beira á outra e gozar das vistas sobre a auga, así como dos servizos do bar instalado no lado dereito. O bosque de ribeira e as formacións rochosas próximas, súmanse aos atractivos deste lugar.

Localización

Dende a Avda de Asturias na vila de A Fonsagrada colleremos a estrada LU-721 pola que seguiremos uns 11 km. ata chegar á praia fluvial na marxe dereita da estrada.