Rede de Micropaisaxes

Capela de Trasliste

Capela de Trasliste

Descrición

É unha pequena capela, encaixada sobre un promontorio e próxima a unhas vivendas, que mantén un certo encanto. Destaca un pórtico de lousa, prolongación da cuberta, que se apoia en varias columnas de granito, así como unha cancela de forxa.

Localización

Situada á entrada do MUVICLA, chégase por unha estreita estrada asfaltada.