Rede de Micropaisaxes

Igrexa de Donís

Igrexa de Donís

Descrición

É un edificio robusto e de bo tamaño, das igrexas mais grandes de Cervantes, construído en granito ben traballado. Conta cunha ábsida central e capelas laterais, aínda que o que máis destaca é a cuberta de lousa que descende ata formar un ancho atrio porticado que ocupa todo o lado sur, apoiado en columnas de granito. Á súa esquerda apréciase o que parece un antigo reloxo solar.

Localización

Atópase a 1 km de distancia do núcleo de Donís, baixando do pobo cara o río das Pontes.