Rede de Micropaisaxes
Castro de Vilela
Descrición
En 2018 a asociación Ser iniciou a súa posta en valor, aínda está en proceso de escavación e estudo. A súa orixe parece vincularse á explotación de minerais, como ocorre noutros xacementos atopados en Ancares Terras de Burón. Na súa contorna destacan especialmente algúns vellos castiñeiros con troncos retortos e cubertos de musgo que merece a pena contemplar, tratando de descubrir formas e imaxes. Os predios son propiedade privada, pero pode visitarse, respeitando a contorna e especialmente a zona do xacemento.
Localización
A 20 km da saída da A6 en Becerreá, coller a LU-722 ata San Martín da Ribeira e aquí coller o desvío á dereita pola LU P-1402, coller o desvío á esquerda e pasando por Cerredo chégase á aldea de Vilela dende a que se accede a pé ó castro.