Rede de Micropaisaxes

Sauna Castrexa e Castro de Castañoso

Sauna Castrexa e Castro de Castañoso

Descrición

Sobre un meandro case inexpugnable sobre o rio Navia atópase o castro de Castañoso, parcialmente escavado. Recentemente descubriuse o que parece ser unha estancia de pedra dedicada á purificación mediante o vapor de auga xerada a partir de auga quentada e canalizada ata alí. En calquera caso, estamos nun lugar de gran beleza natural, no medio dunha fraga exuberante que merece a pena visitar.

Localización

Situada a 13 km da vila de A Fonsagrada collemos a LU-530 dirección Lugo 400 m. Logo desviamonos á dereita pola LU-740 e continuaremos 5,1 km. Desviamonos á esquerda pasando varios pobos ata Silvachá. 800 m. despois deste pobo chegaremos á sauna.