Rede de Micropaisaxes

Arandeiras de A Trapa

Arandeiras de A Trapa

Bosque de piñeiros que conviven cunha abundante cantidade de arandeiras silvestres. 

Descrición

Trátase dun bosque de piñeiros de repoboación que covive cunha abundante masa de arandos silvestres (vaccinium murtillus) que medraron de xeito espontáneo no lugar, cubrindo o chan entre os piñeiros dunha tupida alfombra verde. Preto deste bosque atópase o vértice xeodésico de Pena Grande, dende o que se divisa unha boa parte do territorio do Xeodestino.

Localización

Pasando o pobo de Vilaicente en dirección Torés, ao coroar a subida empezan os piñeirais a ambos os dous lados da estrada, o manto máis espeso de arandeiras localízase a man esquerda, preto do lugar de Riomao.