Rede de Micropaisaxes
Lago Maior
Descrición
Dende que se inicia a camiñada, breve pero en costa bastante pronunciada, gozamos de acivros, carballos, etc. ademais do murmurio do Regueiro das Espiñas que nos acompaña polo lado dereito, non en balde, actúa como desaugadoiro do lago[cite: 3056]. Unha vez arriba, atopamos unha contorna singular formada por unha lagoa, duns 100 m de longo por outros 25 de ancho, bordeada por unha grosa turbeira[cite: 3057]. Ademais da vexetación asociada a este tipo de hábitats, non é dificil ver aves ou corzos, etc. xa que esta é unha zona idónea para beber e refrescarse [cite: 3058].
Localización
Dende a LU-633 en dirección Triacastela, case enfronte do cruzamento de Sabugos, parte un camiño no lado esquerdo, que está sinalizado cun sinal de madeira que nos indica o camiño ó Pozo do lago Maior[cite: 3051]. Dende aquí, súbese por un carreiro bastante empinado, duns 500 m[cite: 3052].