Rede de Micropaisaxes

Igrexa de Lea e Casa Teixeiro

Igrexa de Lea e Casa Teixeiro

Conxunto formado por igrexa e casa nobiliaria na que destacan os dous escudos da súa fachada e unha inscrición en latín de mediados do século XVIII.

Descrición

Empezouse a construír no último cuarto do século XVIII, pero non se puido rematar ata o primeiro terzo do século XIX. O retablo maior, de estilo neoclásico, é obra de Francisco Somoza, veciño da localidade asturiana de Abres, en Taramundi. Enfronte á igrexa está a chamada Casa de Teixeiro na que destacan os dous escudos nobiliarios da súa fachada, así como unha columna cunha inscrición en latín e a data 1742.

Localización

Estrada 760 direccion Lugo, a 4 km xirar á esquerda por LU P-1203, o cruceiro atópase a 800 m.