Rede de Micropaisaxes

Seimeira Pena dos Portelos

Seimeira Pena dos Portelos

Fervenza de 15m de altura rodeada de abundante vexetación. Bo lugar para observas aves que habitan os ríos dun xeito respectuoso.

Descrición

Estamos diante unha fermosa fervenza duns 15 metros de altura, nunha contorna moi húmida e con abundante vexetación ao que chegamos atravesando un frondoso bosque de carballos e castiñeiros. O último tramo, suxírenos múltiples micropaisaxes a partir de grandes troncos infestados de musgos e liques, unha estreita escaleira de pedra case oculta pola vexetación, etc. Como noutros casos, o canto das aves acompaña o paseo polo bosque, neste caso podemos gozar de merlo acuático (*Cinclus cinclus*), paporrubio (*Erithacus rubela*), xílgaro (*Carduelis carduelis*), ou o rechamante vichelocrego europeo (*Oriolus oriolus*).

Localización

Podemos chegar seguindo un carreiro dun 4,4 Km, marcado como PR G-228 e que arrinca en Chao de Pousadoiro, ou partindo dun camiño que sae na parte alta da montaña, no lado esquerdo da LU-751, en dirección a Chao de Pousadoiro. Neste caso, o percorrido é algo menos da metade.