Rede de Micropaisaxes

Alzada de Vispeiro

Alzada de Vispeiro

Descrición

Unha "alzada" ou "braña" é unha zona de pasto de montaña onde sube o gando, xeralmente vacas. Adoita ter algún tipo de construción para recoller gando e pastores, protexéndoos da intemperie, dos lobos, etc. Nesta de Vispeiro destacamos varias destas construcións, moi baixas e perfectamente integradas na ladeira, cunha cuberta de lousas que se alterna con outras en ruínas.

Localización

Situado a 3 km do lugar de Folgueiras de Aigas, na LU P-3502, tómase un desvío á dereita e por pistas forestais accede á alzada.