Rede de Micropaisaxes

Hórreo de A Fontaneira

Hórreo de A Fontaneira

Descrición

É un dos moitos hórreos tradicionais de Ancares Terras de Burón, de base cadrada e construído integramente en madeira de castiñeiro, seguindo a tipoloxía asturiana. Utilizáronse para almacenar alimentos a salvo da humidade e dos animais. Este da Fontaneira é un dos que aínda conserva un tellado a catro augas, a base de mañizos de palla de centeo chamados "colmos", seguindo o sistema de teitar empregado nas pallozas, vivendas tradicionais da comarca e de orixe prerromana.

Localización

Está situado ao pé da LU-530, na entrada do lugar da Fontaneira, pola marxe dereita en dirección A Fonsagrada. Está diante dun pequeno muro e rodeado de tres teixos. Hai espazo para aparcar moi doado diante do hórreo e preto del.