Rede de Micropaisaxes

Fonte de Sarceada

Fonte de Sarceada

Descrición

Estamos diante dunha desas pezas que conforman unha micropaisaxe moi singular, como é o caso desta pequena fonte, semioculta a pesar de estar preto da estrada. A combinación de pedra ca madeira, o son da auga ao caer e a absoluta presenza da cor verde intensa do berro de auga (Nasturtium officinale) que a invade por completo, danlle un carácter realmente especial.

Localización

Ao final do pobo accédese a ela dende a estrada por un pequeno tramo de camiño de lousas, aínda que con parte da varanda de madeira en mal estado.