Rede de Micropaisaxes

Muíño da Veiga

Muíño da Veiga

Descrición

Trátase dun antigo muíño dos moitos que había nos ríos e arroios da conca alta do Río Navia. Situado nunha frondosa paraxe moi preto da torre de Doncos, atópase ben coidado e aínda conserva a capacidade de moer. Nun paseo moi agradable chégase desde a estrada N-VI ata o muíño e pódese volver ou continuar camiñando ata a Torre.

Localización

Accédese dende a Estrada N-VI tomando unha pista a man dereita, case en fronte do entrada Sur do lugar de Doncos.