Rede de Micropaisaxes

Igrexa do Santo, Cadoalla

Igrexa do Santo, Cadoalla

Descrición

Popularmente coñecida como igrexa do Santo, en referencia ó Santo Ecce Homo, en cuxa honra se celebra unha romaría de gran arraigamento no municipio de Becerreá. Esta igrexa fúndase en 1727, sobre outra de orixe románico, quizáis do S. XII ou XIII. Forma un conxunto interesante no que destacan o impoñente campanario, a cúpula octogonal, a escalinata e o amplo bosque de carballos que a rodea. Atópase na Vía de Künig e en fronte ten un prado onde se instalan as casetas dos veciños durante a celebración da festa.

Localización

Situada a pouco mais dun kilómetro do centro da vila de Becerreá, accedese pola avenida de Navia, tomando á man esquerda para entrar no lugar de Saa que é onde se atopa esta iglesia da parroquia de San Pedro de Cadoalla.