Rede de Micropaisaxes

Souto Os Cabaniños - Cable

Souto Os Cabaniños - Cable

Descrición

Seguindo a estrada de Campa da Braña a Piornedo, atopamos os restos dunha instalación adicada á explotación forestal, entre 1900 e 1925. Para iso construíuse o teleférico máis grande da época, con máis de oito quilómetros de lonxitude, para sacar os grandes troncos de carballo que abundaban nestes bosques e que acabarían en forma de travesas de ferrocarril. Actualmente só quedan unhas poucas casas en ruínas ao pé da estrada. Porén, o bosque volveu ao seu lugar e aquí atopamos unha gran cantidade de aciñeiras de bo tamaño e formas curiosas, cheas de musgo e que conforman imaxes moi interesantes.

Localización

Estrada de Campa da Braña a Piornedo LU P-1401, a uns 5,5 Km de Campa da Braña.