Rede de Micropaisaxes

Capela de Bustarvelle

Capela de Bustarvelle

Descrición

Entre outros elementos interesantes na aldea e a súa contorna, atrae a atención esta pequena capela situada nun alto e resgardada por varios carballos. Construída, como moitas, en xisto, ten grosos muros e un pórtico aberto cun banco corrido a cada lado da entrada.

Localización

Dende a LU P-3601, dirección Negueira, á altura dunha casa sola tomase un desvío á esquerda que conduce a Bustarvelle, a dous km.