Rede de Micropaisaxes

Ponte en piscifactoría de Os Mazos

Ponte en piscifactoría de Os Mazos

Descrición

Trátase dun pequeno ponte, case unha pasarela, que salva o curso do río Neira, á entrada dunha piscifactoría. Está totalmente cuberto dunha grosa capa de musgo e forma un conxunto moi interesante coa contorna. Destaca o bosque mixto con carballos, castiñeiros e algunha faia, así como a pequena cascada sobre o río. Aínda que merece a pena visitalo en calquera época, é espectacular no outono.

Localización

Atópase moi próximo ó lugar de Os Mazos a menos de 2 km da saida da autovía. Na marxe esquerda da LU P-0508 está o acceso á piscifactoría e a este paraxe.