Rede de Micropaisaxes

Fonte nacemento do Eo

Fonte nacemento do Eo

Punto de nacemento do río Eo, que se extende ata chegar ao Cantábrico.

Descrición

Neste punto, no lugar de Fonteo, o río Eo empeza o seu percorrido ata desembocar no Cantábrico, despois de case 100 km. Aquí atopamos unha pequena área recreativa dividida en dous espazos, un ao pé da estrada e o outro uns metros máis abaixo., xusto onde nace o río e dominado por un gran castiñeiro. Na mesma vila atópase o Centro de Interpretación da Marronda e Río Eo, así como un antigo forno comunal rehabilitado.

Localización

Saíndo do Cádavo, seguimos pola LU-750, en dirección a Meira, ata a aldea de Fonteo. Na marxe esquerda da estrada atopamos a zona.