Rede de Micropaisaxes
Igrexa da Allonca
Descrición
Construída no S. XVII, ten planta de cruz grega e unha espadana con dúas campás. Destaca especialmente o seu amplo soportal de lousa, como o resto da cuberta e as singulares escaleiras que conducen ao campanario, pola fachada da igrexa, algo nada frecuente. Integrada nun espeso souto de castiñeiros, a presenza do cemiterio próximo e a vexetación que cobre boa parte da súa superficie, ademais das pegadas do paso do tempo e o abandono, outórganlle un caracter especial. Sen dúbida poderemos atopar unha infinidade de micropaisajes nesta contorna. Está integrada no Roteiro dous Pintores e moi preto, nunha vivenda próxima, hai un hórreo de grandes dimensións que merece a pena visitar.
Localización
Dende a vila de A Fonsagrada collemos a LU-701 dirección Asturias ata o Pobo de Barbeitos, (Pk 6,5) desviaremonos na rotonda pola primeira saída (LU-703), 200 m despois desviamonos á dereita pola LU P-02 pola que seguiremos 9,20 km ata a Allonca.