Rede de Micropaisaxes

Aldea de Ouviaño

Aldea de Ouviaño

Descrición

Nesta aldea atopamos diversos elementos que xustifican a idea de micropaisaxe. A súa igrexa, un fermoso templo rural, de planta rectangular e construído en lousa, ao que se accede a través do pórtico do seu lateral sur e no que se pode ver un reloxo de sol. No muro descubrimos unha inscrición co ano 1880. A segunda peza é un amplo lavadoiro, con dúas fontes, recentemente restaurado e que forma un recuncho fermoso nunha placiña. O terceiro, atopámolo en forma de hórreos, que chaman a atención polo seu tamaño, o que da idea de riqueza agricola destas veigas antes de ser asulagadas polo embalse.

Localización

Dende Negueira de Muñiz seguimos a LU P-3601 durante case 4 km, ata unha rotonda, na que tomamos a segunda saída e continuamos pola LU P-3602. Despois duns 4 km, desviámonos á esquerda e xa estamos en Ouviaño.