Rede de Micropaisaxes

Núcleo de Zanfoga

Núcleo de Zanfoga

Conxunto con elementos singulares tradicionais como un hórreo, caserón nobre, boas vistas...

Descrición

Nesta aldea atopamos diversos elementos interesantes como un hórreo coa cuberta vexetal, a catro augas, en bastante bo estado, un caserón cun singular escudo nobiliario na súa fachada, ventanucos nos que a sinxeleza se combina coa eficiencia, etc. En definitiva unha oportunidade para pasera e descubrir recunchos moi agradables.

Localización

Dende Pedrafita, saímos pola LU-633 ata O Cebreiro que deixamos á nosa dereita. Seguimos un 4 km, sen desviarnos, ata chegar a Rubiais, onde viramos á esquerda e cruzamos a CV 125/1 para seguir cara o sur e, en 2 km, atopase Zanfoga.