Rede de Micropaisaxes

Hórreo de Barxamaior

Hórreo de Barxamaior

Descrición

No medio da aldea atopamos este bo exemplar de hórreo tradicional de Ancares Terras de Burón, de base cadrada e construído intregramente con madeira de castiñeiro, seguindo a tipoloxía asturiana. Servían para almacenar alimentos a salvo de humidade e animais. Mantén o teito a base de grosos atados de palla de centeo ou "colmo", seguindo o sistema empregado nas pallozas, as vivendas tradicionais da comarca e de orixe prerromana.

Localización

Atópase a pouco máis de 3 km de Pedrafita. Saíndo en dirección oeste, por cálea Roteiro Xacobeo, continuamos un 3 km ata un desvío á dereita que nos indica a aldea.