Rede de Micropaisaxes

Xardín de polinizadores El País del Abeyeiro

Xardín de polinizadores El País del Abeyeiro

Un paraíso adicado ao mundo da polinización e ao seu estudo. Conviven múltiples especies de plantas e insectos.

Descrición

Nun espazo duns 3.500 metros cadrados, o apicultor e divulgador Alberto Uría, creou un espazo singular, coas condicións óptimas para a proliferación de insectos no seu hábitat natural. Isto permite, ademais do asentamento en interacción de múltiples especies, a súa observación e estudo con fins científicos e divulgativos. A abundancia de plantas, flores e insectos, fai deste lugar un verdadeiro paraíso para os amantes da macro fotografía. Á beira do xardín, atópase o eco museo uu País do Abeyeiro, adicado ao apaixonante mundo das abellas e o mel.

Acceso con previa reserva:

hola@elpaisdelabeyeiro.com | 636 209 880

Localización

Dende Negueira de Muñiz collemos a LU P-3602, que posteriormente pasa pola LU-702, ata cruzar a ponte de Boabdil. Auns 400 m, pola banda dereita, atopamos o desvío que, en poucos metros, nos leva ao País do Abeyeiro.