Rede de Micropaisaxes

Ponte de Covas

Ponte de Covas

Descrición

Trátase dunha ponte medieval, seguramente con orixe nunha construción romana anterior. En tempos comunicaba Baralla con Lugo, a través do camiño real que atravesaba esta ponte, procedente dos municipios de Pedrafita do Cebreiro, As Nogais e Láncara. Consta de tres arcos de granito, sendo o central semicircular, que permiten salvar o río Neira. Nalgunhas das pedras e entre o musgo, aínda se poden ver algunhas marcas de canteiros.

Localización

A saida de Baralla pola N-VI direccion A Coruña, á esquerda tómase a LU-621 durante 6 km, collese un desvio á esquerda e a uns 500 metros atópase a ponte de Covas.